Domadreja (castellano) denociña (galego)
CONTOS GALEGOS .TRADICIÓN ORAL.
1.- O COELLO E A RAPOSA.
Era un coello que estaba na porta da casa. Enton a raposa mírao, ¿non? e veu hacia el para collelo. El deuse conta, meteuse. E a raposa coa forza que traía quedou atrancada na porta.O coello síulle pola outra porta. Montou a cabalo da raposa e díxolle:
_Aquí está María Zanfaña,
O que non vai por forza, vai por maña.
2.- O RAPOSO I O GALO.
Bueno, pois unha vez era a raposa. E foi ás pitas ao poleiro e colleu o galo e ía correndo. Entón, o galo díxolle:
¡Ai o que xea, ai o que xea
E entón, díxolle a raposa:
_-Pos, se xea, deixa xear, que o teu Corpo f´rio non che ha de levar.
Entón, claro, a raposa tivo que abrir a boca para dicirlle iso, e o galo escapou e marchou para o alto do Carballo.
Entón, a raposa, púsose por Baixo do Carballo e dicíalle:
_Galo,galiño, vén pola roupa!
Entonces dicíalle il:
_Deus que me deu esta xa me dará outra.
I o conto acabado i o cú rascado.
3.- A RAPOSA I O GALO.
Pois unha vez había unha raposa que ía andadndo con bastante fame. Polo camiño atopou un galo. Com o galo estaba nun poleiro moi alto e non lle cegaba díxolle:
_Ouh galo! ¿Non sabes que agora chegou unha orde de que todos os bechos temos que ser amigos uns Boutros? Podes baixar tranquilo que xa non che fago dano.
Pero nisto, veu unha manada de cans dereita a raposa. A raposa botou a fuxir, e entón o galo dicíalle:
¿Móstralle a orde, móstralle a orde!
Entón a raposa sen alento dicía:
¿Non teño vagar, non teño vagar, que teño moita terra que taconear!
4.- O RAPOSO DAS MIL MAÑAS.
O zorro era moi fanfarrónentón sempre contaba mpoitas valentías, il era moi Valente. Enonces díxolle o ghato:
_¿Ai compadre! __-porque sempre lle tiña moitos compadres_ E vostede cantas mañas sabe?
E díxolle o ghato:
_Eu unha sola.
_Pois ho, saca as do saco! Que es cento vinte non che valen eu seille cento vinte e un saco cheo.
E nesto, veu por ali un can. Veu o can _xa sabes_ tras do zorro e tras do ghato. E o ghato, subiuse a unha árbore e ficou alí. Pero seghiu ao zorro, ¿Fun…fun! …encima,…encima.. e dendo o alto da árbore o ghato berráballe:
¡Ai,.. de ti! Vai sacando as mañas do saco que as cen que tiñas xas esgotaches!
tu blog para trabajos
materiales4º todas as areas
Noticias: Noticias